Tuesday 14 de May de 2024

Presentación dun novo curso do Conservatorio Municipal de Música


O vindeiro luns 17 de setembro terá lugar a presentación do curso 2018/2019 do Conservatorio Profesional de Música de Riveira. A cita será ás 19 horas no salón de actos do centro.

Cabe destacar que este ano hai un récord de alumnos, sendo 30 os rapaces e rapazas que comezan os seus estudos oficiais no 1º curso do Grao Elemental. No acto, ademáis da dirección do centro e os profesores que forman o claustro estará a concelleira de Educación Herminia Pouso Maneiro.

O martes 18 terá lugar a escolla de horarios individuais por parte do alumnado e o mércores 19 comezará xa a actividade lectiva.

Escola Municipal de Música
Por outra parte, tamén o vindeiro luns 17, comeza a matrícula para a Escola Municipal de Música. Esta actividade está organizada dende o Conservatorio e ten como destinatarios rapaces e rapazas de 4 a 7 anos.

Para formalizar a matrícula é preciso acudir as oficinas do centro en horario de mañá para recoller o impreso da mesma.
As prazas para esta actividade son limitadas e adxudícanse por rigorosa orde de matriculación.

As actividades da Escola comezarán o luns 1 de outubro